fbpx Música e Danza. 5 Primaria. Revoa | 9788498548686 | Librería segunda mano BolsaBooks
948 04 57 04 info@bolsabooks.com C/Esquíroz 28, Pamplona
Música e Danza. 5 Primaria. Revoa
ISBN: 
9788498548686
Author: 
Martín Berraco, Carlos
Bienvenido, Jesús
Gil, Carmen
Miralles, David
Müller, Ángel
Rodríguez, Begoña
Serrano, Marta
Año: 
30-04-2022
Edición: 
Editorial: 

Revoa é un proxecto educativo que foi conceptualizado da man de máis de 150 profesores, especialistas e alumnos, e que recolle as necesidades da escola. Cremos nun modelo de cidadán activo, crítico e global, polo que miramos cara ao futuro, desafiando a profesores, alumnos e familias a ser xeradores de cambio. Revoa devece por provocar pequenos grandes cambios.Trátase dun proxecto global pensado para que todos os alumnos aprendan, desenvolvan as súas competencias e transfiran as aprendizaxes á súa vida. Conta cun contorno virtual de aprendizaxe que facilita a comunicación e que favorece un modo de aprendizaxe máis eficaz.Con Revoa aténdense catro grandes principios:                                                     - Dar resposta á necesidade de transformación social.- Desenvolver un novo modelo de persoa.- Acompañar nos desafíos que propón o novo currículo.- Garantir unha educación equitativa e de calidade, que promova oportunidades de aprendizaxe para todos.O proxecto responde aos seguintes eixes:- Cidadanía global. Desde SM abordamos a cidadanía como eixe principal do noso proxecto, e desenvolvémolo desde dous ámbitos de intervención: os obxectivos de desenvolvemento sustentable e mais a ética do coidado. Partimos dunha secuenciación transversal para traballar obxectivos de sustentabilidade e obxectivos vinculados coa competencia Aprender a coidar, de forma global en todas as áreas. Ademais, Revoa inclúe un programa de Educación emocional que pon o foco na importancia do desenvolvemento das competencias emocionais de maneira rigorosa, continua e coherente, e que une alumnos, docentes e familias.- Personalización da aprendizaxe. Con Revoa apostamos por unha educación personalizada que permita a creación de itinerarios de aprendizaxe que mellor se adapten ás particularidades do currículo e ás necesidades da aula, poñendo en valor a autonomía pedagóxica dos docentes e dos centros. Por iso:* Agrupa os contidos en bloques.* Secuencia transversalmente as áreas a partir dos contidos de Coñecemento do Medio (Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza) en Primaria.* Permite a editabilidade no contorno dixital.* Presenta dúas opcións de secuenciación: vertical, organizada segundo os contidos, e horizontal, seguindo unha unidade temática.- Aprendizaxe competencial. Desde SM apostamos por unha aprendizaxe indutiva e vivencial. Todos os elementos que constitúen o proceso de aprendizaxe competencial intégranse en situacións de aprendizaxe, que implican a posta en práctica, de forma integrada, de competencias e saberes, a través dun problema motivador, relevante e significativo. En cada situación, o alumno traballa de forma práctica seguindo a secuencia de aprendizaxe, APRENDO, que finaliza cun entregable ou reto.- Avaliación integral. A estrutura curricular da LOMLOE establece que a avaliación se debe basear no grao de desenvolvemento das competencias establecidas. Seguindo este esquema, Revoa presenta un modelo de avaliación integral a partir de evidencias clave.- Atención á diversidade. Revoa ofrece medidas de accesibilidade á aprendizaxe, que garanten que todos os alumnos desenvolvan as competencias necesarias para alcanzar os obxectivos marcados pola lei educativa. Axústase ao concepto de Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) para atender as necesidades de todo o alumnado e atende a diversidade de forma global a través de:* Metodoloxía competencial.* Presentación visual dos contidos.* Programas transversais que ofrecen andamios de aprendizaxe (Programa de traballo cooperativo, Programa de Aprender a pensar, Programa de Expresión).* Materiais que facilitan o cambio de etapa.* Adaptacións curriculares.* Recursos específicos, como apps de papel, fichas, material manipulativo, padróns, videotitoriais, actividades catalogadas por nivel... 

Asignatura: 
Communities: 
Formato: 
Tapa blanda o Bolsillo
Dimensions: 
22.50cmx29.50cmx1.30cm
Weight: 
305.00
Pages: 
96
Idioma: 
Gallego

Compra tu libro de segunda mano

Seleccione el nivel de calidad que desee y después indique cantidad. ¿Qué es esto de los niveles?
Nivel Existencias Tienda Precio Seleccionar
Nivel 1Fuera de Stock
Nivel 2Fuera de Stock
Nivel 3Fuera de Stock
Nivel 4Fuera de Stock
Nivel 5Fuera de Stock
 
  Añade una alerta  
Si quieres en cuanto recibamos un ejemplar de este libro te avisaremos por mail para ello pulsa el botón de Añadir Alerta.
Añadir AlertaRecuerda que otros clientes también pueden estar buscando el mismo libro, por eso es importante que lo compres o reservas lo más rápido posible.

© Bolsabooks.com