“Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures
para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada
exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante
a toda présa. Unha maneira coma calquera outra para retratar
o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade
fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos,
da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria ”.
[Fragmento do limiar de Xesús Ron:
“O estado de benestar desde o lado da sombra”]
“Eroski Paraíso” é unha comedia documental que explora
a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións
dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais
recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros
de 1972 a 1990 e que despois converteuse nun supermercado
Eroski. Este feito repítese en numerosas vilas e cidades onde
os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización
foron virando en lugares de consumo.
Compra tu libro de segunda mano
Si quieres en cuanto recibamos un ejemplar de este libro te avisaremos por mail para ello pulsa el botón de Añadir Alerta.
Añadir AlertaRecuerda que otros clientes también pueden estar buscando el mismo libro, por eso es importante que lo compres o reservas lo más rápido posible.